Traducions Lalinense
In English
[In English]


Traducións Lalinense
Fotografía de Lalín
Menú Principal

Currículo

Linguas

Tipoloxía de textos

Prazos de entrega

Prezos

Ferramentas en liña

Currículo
Son graduado en Tradución e Interpretación pola marabillosa Universidade de Vigo. Esta Universidade forma profesionais cualificados, especialmente no ámbito da Tradución e a Interpretación, a gran base educativa coa que teño o privilexio de contar, fai posible o desenvolvemento adecuado das tarefas de tradución. Dispoño ademais dun máster en dobraxe pola mesma Universidade e dunha ampla experiencia no mundo laboral en diferentes empresas do sector da Tradución.




Volver ó menú principal
Linguas
Taducións do inglés á lingua galega ou á lingua española. Tamén conto cunha ampla formación e lingua francesa polo que tamén estou capacitado para realizar traducións entre as tres linguas. No caso das tres linguas realizaranse encargos de tradución cunha gran profesionalidade e con gran soltura, polo que a combinación das linguas elexidas é indiferente.



Volver ó menú principal
Tipoloxía de textos
Especializado na tradución de textos científicos, en concreto no ambito da bioloxía. Neste campo estou especializado en ornitoloxía. Posúo unha ampla experiencia neste ámbito da Tradución pois realicei moitos encargos para diferentes revistas e editoriais entre os anos 2005 e 2010.Realicei moitas traducións relacionadas co mundo dos psitácidos dentro do marca do ornitoloxía.



Volver ó menú principal
Prazos de entrega
O prazo de entrega dos documentos traducidos dependerá da extensión dos mesmos; non obstante o prazo habitual é de 3 a 5 días. No caso de que o cliente solicite unha reclamación, haberá un prazo de dous días despois da data de entrega nos que se procederá á modificación das partes específicas do encargos das que se solicitou a revisión.


Volver ó menú principal
Prezos
As tarifas para as traducións a lingua inglesa serán de 0.2 euros por palabra, para a lingua francesa serán de 0.25 euros por palabara e para a lingua galega ou española cobrarase 0.30 euros por palabra. No caso de que o encargo sexa de gran tamaño poderanse negociar as tarifas en beneficio do usuario e do cliente.


Volver ó menú principal
Ferramentas en  liña
1.GOOGLE. É un buscador de información xenérica na Internet.
2.RAG. É o dicionario da Real Academia Galega.
3.TRADUTOR AUTOMÁTICO. É o tradutor automático en liña da Xunta de Galicia.
4.WORDREFERENCE. É un dicionario online de varias linguas e entre elas o inglés, o francés e o español.



Volver ó menú principal


Se desexan contactar comigo, diríxanse a:
e-mail
igarciaf2014@gmail.com

contadores de visitas